Friday 29 de March de 2024

Laxe clausura a segunda quenda dos campamentos de verán coa mirada posta na terceira rolda


• O prazo para inscribirse na vindeira tanda remata este xoves, día 28 de xullo.

• Durante os meses de xuño e xullo máis de 150 nenos e nenas desfrutaron de diversas actividades deportivas e culturais.

Laxe clausurou a segunda quenda dos campamentos deportivos de verán organizados polo Concello para ofrecer á rapazada unha alternativa de ocio diferente, amena e moi divertida.

Durante xuño e xullo leváronse a cabo catro campamentos cunha asistencia de máis de 150 nenos e nenas. Os últimos tres desenvolveranse durante o mes de agosto, iniciándose o día 1, e as inscricións poden formalizarse ata este xoves, 28 de xullo, na Casa do Concello en horario de 10:00 a 13:30 horas. Terán prioridade as persoas empadroadas.

Desde o goberno local animan a toda a rapazada a que se una ás próximas quendas e amósanse moi satisfeitos co éxito de participación neste tipo de actividades, que “se puxeron en marcha para darlle aos nenos e nenas unha oportunidade de ocio máis na localidade, fomentando a interacción social e a implementación duns hábitos de vida máis saudables”.